Publicacións

Introdución

Imaxe
C omezamos este blogue adicado ao estudo da Paisaxe e Sustentabilidade en Pontecesures cun plano que representa a visión da paisaxe máis antiga do noso territorio. Foi elaborado en 1751 como complemento visual do Catastro de Ensenada , o cal tiña como fin facer unha recompilación exhaustiva do territorio e dos seus valores materiais: censo de habitantes, núcleos de poboación, cultivos, cabezas de gando, madeira, vías de comunicación, etc,  para  así  organizar de xeito máis lóxico e xusto o pago de impostos ao Reino de Castela. Daquela Galicia estaba dividida en 7 provincias, e en concreto Cesures, pertencía á Provincia de Santiago, Xurisdición de Padrón e a Freguesía de San Xulián de Requeixo. Plano en perspectiva de Padrón y sus alrededores con indicación, entre otros, de Puente Cesures y el río Ulla . Archivo de Simanca s O plano representa unha  suposta panorámica dende  o Monte San Gregorio en Padrón, e cubre, de esquerda a dereita, o percorrido entre  Adina, en Padrón