Introdución
Comezamos este blogue adicado ao estudo da Paisaxe e Sustentabilidade en Pontecesures cun plano que representa a visión da paisaxe máis antiga do noso territorio. Foi elaborado en 1751 como complemento visual do Catastro de Ensenada, o cal tiña como fin facer unha recompilación exhaustiva do territorio e dos seus valores materiais: censo de habitantes, núcleos de poboación, cultivos, cabezas de gando, madeira, vías de comunicación, etc, para así organizar de xeito máis lóxico e xusto o pago de impostos ao Reino de Castela. Daquela Galicia estaba dividida en 7 provincias, e en concreto Cesures, pertencía á Provincia de Santiago, Xurisdición de Padrón e a Freguesía de San Xulián de Requeixo.
O seu nome Lendo cos pés, procede dun fragmento da canción Las ciudades son libros que se leen con los pies, composta polo cantautor uruguaio Quintín Cabrera. Recollendo o espíritu dos seus versos, cremos que pasear polo noso territorio con todos os sentidos abertos, pode convertirse nunha gran viaxe.
![]() |
Plano en perspectiva de Padrón y sus alrededores con indicación, entre otros, de Puente Cesures y el río Ulla. Archivo de Simancas |
O plano representa unha suposta panorámica dende o Monte San Gregorio en Padrón, e cubre, de esquerda a dereita, o percorrido entre Adina, en Padrón, e Carril en Vilagarcía. O río Ulla domina a escena.
Algo mudou desde entón, e aínda que os elementos vertebradores da paisaxe seguen sendo os mesmos, co tempo se construíu outra paisaxe froito da íntima combinación de natureza e cultura.
Este blogue nace coa pretensión de afondar no estudio da paisaxe dun xeito global, tentando ir un pouco máis alá de ser un simple recompilatorio ou catastro territorial. Pretendemos, como dí o Convenio Europeo da Paisaxe,: afrontar o análise da paisaxe valorarando as súas características pero tamén recoñecendo as forzas e as presións que o transforman, co obxectivo de poder cualificalo tendo en conta os valores particulares que lles atribúen as Partes e a poboación interesada. Servirá como ferramenta de traballo diaria dos alumnos da asignatura de Paisaxe e Sustantibilidade, e incluirá todos aqueles traballos levados a cabo polos alumnos do CPI Pontecesures dentro do Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade.