Mapas
Os Mapas Dinámicos
Unha das formas de presentar os datos do noso traballo é o MAPA DINÁMICO, feito coa ferramenta Google my maps. Nel podemos atopar toda a información que fumos recompilando ao longo do curso. O seu funcionamento é moi sinxelo; ten como base o mapa de Google maps, e nel podemos visualizar toda unha serie de capas de información que creábamos a medida que íamos coñecendo o territorio. Ao longo destes tres anos fixemos diferentes mapas dinámicos temáticos: Xeolóxico, árbores ornamentais e Fontes e lavadoiros. Para activar as capas e visualizar os elementos, temos que clicar na parte esquerda do mapa naquela capa que desexemos ver.
Dentro de cada capa os distintos elementos teñen o seu ícono, que si clicamos enriba del, posiciónase no mapa e desprégase unha ventana, que pode ser unha foto ou un video, no que atopamos máis información sobre o punto. No exemplo de enriba está seleccionada a capa "Xeoloxía, puntos de interes", e clicamos no ícono "Afloramento Cuaternario"; automáticamente o ícono se posicionará no mapa enriba das barreiras de Campaña, e na ventana ábrese un video que podemos activar clicando na dirección web que aparece debaixo.Toda a información do mapa está gardada nunha conta de Google Drive, é visible por todo o mundo, pero sólo modificable polos alumnos que elaboran o mapa.
CARTOGRAFÍA BÁSICA EN REDE
Plano en perspectiva de Padrón y sus alrededores con indicación, entre otros, de Puente Cesures y el río Ulla (1751) |
Visualizador de mapas da Xunta de Galicia
Dispón das seguintes ferramentas :
- Fotos de distintos voos; dende o voo americano de 1956 ata os voos de PNOA dos anos 2002 2004,2008,2010 e 2014 e a ortofoto do ano 2002.
- Mapa vectorial ata escala de 1: 2.257
- Mapas do relevo e de fondo sombreado.
- Ferramenta para a superposición de distintas capas (Entidades de poboación, Redes de transporte, Usos do solo, Litoloxía, Hidrografía, Ordenación do territorio, Unidades paisaxísticas e límites administrativos) sobre os mapas base e as fotos.
- Ferramenta de medición de lonxitudes e superficies.
- Servizos S.I.X.: Permite cargar novas capas de servidores alleos como son os mapas do Instituto Geográfico Nacional (escalas 1: 50.000, 1: 2.500), os mapas do catastro (Parcelario) e outros.
Iberpix , Fototeca dixital e Centro de descargas do IGN.
Visores do Instituto Geográfico Nacional. Complementa ao visor da Xunta cos seguintes servizos:
- Encaixes nas cadrículas cartográficas MTN25 e 50. Mapas do IGN (1:25.000 e 1:50.000)
- Fototecadixital cos voos anuais do PNOA desde o ano 2004, os voos americanos (AMS) dos anos 1945,1956, do interministerial de 1973, e o de costas de1980.
- Ferramenta para visión 3D ca última ortofoto do PNOA.
- Descargas de capas en distintos formatos feitos por outras aplicacións.(GPS, GML, KML, KMZ)
INFOIGME
Visor do Instituto xeolóxico e mineiro de España. As ferramentas que aporta son:
Visor xeográfico de Galicia costa
Caudais dos ríos e encoros, aforos e zonas inundables
Visor do Instituto xeolóxico e mineiro de España. As ferramentas que aporta son:
- Mapas xeolóxicos escala 1:50.000,No noso caso traballaremos co mapa dePadrón ( Nº 120 da serie MAGNA), con memoria do mapa e da historia xeolóxica.
- Descarga de capas de temática xeolóxica e estructural sobre fotos e mapas de distintos visores, incluíndo google earth.
Visor xeográfico de Galicia costa
Caudais dos ríos e encoros, aforos e zonas inundables
Visor xeográfico da conservación da natureza (espacios protexidos)
Mapas de puntos limpos.
Mapas de solos escala 1.50.000 en formato pdf (MAPA 120- Padrón)
Mapa de humidais.
Información variada sobre indicadores ambientais( aire, auga, agricultura, consumo de fitosanitarios, cambio climático, presión urbana no territorio, etc.)
Sistema de Información sobre contaminación acústica. Mapas de niveis de decibelios día e noite nas estradas que atravesan o concello, N-550-2 e AP9-1 (anos 2007 e 2012).
Microtoponimia de Galicia.
Permite buscar por concellos os topónimos ordenándoos por categorías. Ademáis se tedes o google earth instalado podedes descargar a capa de microtopónimos en formato Kml., gardala no voso ordenador para poder logo visualizalos.
Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Arquivo histórico e hemeroteca da Consellería de Cultura na que se pode atopar a maior parte da prensa escrita en Galicia dende o século XIX, mapas, fotos etc. Indispensable para reconstrucións históricas.
Gaia é un portal no que os cidadáns poden acceder á información ambiental de Galicia: indicadores ambientais, residuos, infraestructuras, urbanismo, etc.