Traballos Secundaria
Apelidos e Territorio: E ti, de onde ves sendo?
Material e métodos
Resultados
Taboa 1. Apelidos dos 312 alumnos do CPI Pontecesures Curso 2016-17 |
En segundo lugar, se comparamos as dúas taboas, vemos que a mostra que representa aos alumnos do centro correspóndese bastante ben cos valores totais dos 25 apelidos máis comúns na totalidade do concello (taboa 2).
Taboa 2
|
Taboa 3
|
Taboa 4
Discusión.
Unha vez ordenados os datos, buscamos cales serían as posibles rutas polas que chegaron os apelidos ao noso concello, e como resultado os clasificamos en 5 grupos: Local, Arousa Norte, Vía Noroeste (Rois-Brión), Ulla Coruñesa, Arousa Sur- Depresión Meridiana,
O Grupo Local
A distribución dos apelidos non pode desligarse da historia do Concello. Cesures pertenceu a Padrón ata 1833, ano no que se produxo a nova división provincial que o adscribíu á provincia de Pontevedra e pasou a pertencer como parroquia (San Xulián de Requeixo) ao Concello de Valga. Posteriormente en 1926 Cesures se independiza de Valga comformándose como concello de seu. Podemos falar entón dun territorio común que incluiría aos tres concellos limítrofes e que explicarían a distribución de polo menos 15 apelidos : Agrasar, Castroagudín , Cajaraville, Carlés, Eitor, Jamardo, Llerena, Magán, Magariños, Pardal, Potel, Refojo, Senín , Touceda e Temperán, apelidos comúns aos tres concellos e sendo algúns dos “autóctonos” que aparecen en maiores porcentaxes.
En termos xerais persiste unha maior vinculación con Valga (once dos quince apelidos) que con Padrón (catro dos quince). Entre estes 13 apelidos aparecen Carlés, LLerena, Magán, Pesado e Potel que non teñen orixe galega, e que aparecen representados en Galicia nunha porcentaxe baixa con respecto ao total español. Carlés sería un apelido de orixe catalán , Potel francés, Magán castelán-manchego, aínda que é un topónimo de Cuntis, e Llerena e Pesado extremeños.
O apelido Troáns, sólo aparece en Galicia no concello de Pontecesures, onde reside o 50% do total mundial, o outro 50% está espallado polas provincias que recolleron a emigración nos anos 60 e 70 ( País Vasco, Cataluña , Madrid e Asturias). De todos os apelidos estudiados é o único estrictamente cesureño.
Arousa Norte
Estaría representados polos apelidos que teñen un foco claro en concellos da marxe norte da Ría de Arousa como Dodro, Rianxo e incluso Boiro e que irradian preferentemente pola beira da Ría ata chegar a Cesures. Serían os apelidos: Baleirón, Citoula, Deira, Miguéns e Tubío.
Via Noroeste Rois- Brión
Dos concellos de Rois e de Brión e irradiando en toda a súa contorna chegarían os apelidos Bustelo e Boullón pero en proporcións moito máis baixas que as acadadas nos concellos limítrofes. Esta vía compartiría moitos apelidos coa vía Arousa Norte, pois Rois linda con Dodro e Rianxo.
Ulla, pola beira coruñesa
Estaría representada polos apelidos que baixaron pola beira norte do río Ulla cara a Mahía. Teñen o foco na Ulloa, como é o caso de Caldelas ou no concello da Estrada Carbia.
Arousa Sur- Depresión Meridiana.
A depresión meridiana atravesa os concellos da contorna de Cesures abrindo unha vía de paso entre Padrón e os concellos de Valga, Caldas, Cuntis, Portas e Meis. Nesta zona de tránsito aparecen apelidos comúns no que o foco soen ser apelidos do Grupo local como é no caso de: Jamardo, Pesado, Magán, Potel, Senín , Touceda e outros que teñen o foco en Caldas: Cascallar,ou en Vilagarcía vía Caldas: Abalo
Fontes:
2020-2021Estudio do Patrimonio Etnográfico da contorna do centro2º ESO No marco do
Plan Proxecta o Departamento de Xeografía e Historia desenvolveu un obradoiro
con alumnado de 2º de ESO. Os obxectivos desta proposta de traballo son: · Coñecer e valorar o patrimonio etnográfico da contorna e
adoptar comportamentos que favoreceran o seu coidado. ·
Realizar traballo de grupo para fomentar a colaboración,
a escoita de diferentes opinións e a toma de decisións para a elaboración do
produto final. As sesións de traballo empezaron na segunda avaliación, empregando tres recreos á semana, sempre que foi posible. Nas primeiras sesións nos familiarizamos co mapa topográfico e coa páxina do Centro Nacional de Información Xeográfica. A través deles localizamos e analizamos o emprazamento dos lavadoiros do concello máis próximos ao noso centro escolar. O seguinte paso foi buscar información sobre eles, tanto na rede como preguntando nas familias. Tamén fixemos unha saída para realizar fotografías. Unha vez que
tivemos procesada toda a información deseñamos unha ruta a pe cos lavadoiros
como puntos de interese. Para compartila na rede utilizamos a ferramenta
Wikiloc A nosa ruta
está visible no seguinte enderezo web: https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/roteiro-dos-lavadoiros-76400364
2021-2022
Feísmo na paisaxe urbana de Pontecesures Según a Guía
de campo para la interpretación del feísmo en el paisaje gallego, co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de
actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introducción
de elementos alleos ou construccions distorsionantes que alonxan un escenario
ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de “excepcional” ou “cotiá
”. É un termo que pode chegar a ser
subxectivo, aínda que identificable pola maior parte da cidadanía e, por
desgracia, habendo leis claras que o limitan tanto a nivel municipal, como as de
ornato público, ou outras de ámbito rexional ou nacional como leis de solo,
leis de residuos, etc, segue estando moi presente en calquera paisaxe galega. Probablemente a mellor reflexión sobre o
feísmo fíxoa o Catedrático de Historia Antiga da USC Gerardo
Pereira-Menaut na revista Kardo: Efectivamente,
el discurso sobre el feísmo no es ni puede ser un debate artístico sobre la
belleza o la estética de los objetos. El (o los fenómenos) que llamamos feísmo
es mucho más que objetos feos. Las construcciones de cualquier tipo y función,
la disposición de éstas en el espacio y la relación de unas con otras, también
ellas pueden producir montones, nunca mejor dicho, de feísmo. Es feísmo el
automóvil o la nevera viejos ‘depositados’ en el monte cuando no se sabe qué
hacer con ellos. Y podemos afinar un poco más: ¿no es feísmo destruir un jardín
para hacer un parque infantil innecesario, en un lugar inadecuado para ello,
por decisión de una o varias personas, aunque la norma las faculte para ello,
de espaldas a los intereses de los ciudadanos? Con esto nos pasamos a otro
feísmo, que ya no reside en objetos o realidades materiales, sino en actitudes
de las personas, en su forma de proceder, en sus ideas. Según
estas concepcións e tendo a Guía
de campo para la interpretación del feísmo en el paisaje gallego como referencia, os alumnos de 4º da ESO da asignatura de Bioloxía e
Xeoloxía percorreron o concello recollendo exemplos, clasificándoos e
ordenándoos nos distintos “typus” definidos na citada guía de Campo.
Fontes
|