Poetizar a paisaxe
POETIZAR O FEO
Introdución
Neste curso, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura,
buscaba que os alumnos fixeran unha reflexión literaria da paisaxe, concretamente,
aquela paisaxe que pode interpretarse como en situación de
abandono, ou, simplemente, aqueles espazos que a priori non serían motivo de
contemplación estética «ó uso».
O obxectivo foi
revalorizar os espazos habitados, paseados ou contemplados da nosa contorna, a
través da relación entre a fotografía do espazo e os textos poéticos,
narrativos ou dialogados creados polo alumnado.
A mostra do traballo abranguíu unha exposición
física dos traballos presentados nos corredores do segundo andar do edificio e
tamén nunha achega de creacións audiovisuais, expostos neste blogue, como en cursos anteriores.
Organización e desenvolvemento
O traballo «Poetizar lo feo», dirixido ao
alumnado de 4º ESO, encádrase dentro do currículo da materia de Lingua Castelá
e Literatura para afondar, particularmente, na tipoloxía textual (a descrición,
a narración, a argumentación; a cohesión e a coherencia) e nos recursos
literarios e embelecedores da linguaxe, e, nun aspecto xeral, contribúe ao
desenvolvemento de moitas das competencias clave da etapa de Secundaria (1.
Comunicación lingüística (CCL), 3. Competencia dixital (CD), 4. Aprender a
aprender (CAA), 5. Competencias sociais e cívicas (CSC), 6. Sentido da
iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) e 7. Conciencia e expresións
culturais (CCEC)).
A través dun esquema entregado a todo o
alumnado e subido tamén á aula virtual da materia, infórmase dos aspectos
fundamentais: obxectivos, estrutura, elementos obrigatorios e elementos
opcionais, modos e prazos de presentación, etc.
- Coñecemento e
reflexión sobre a degradación da contorna.
- Valoración do
factor humano no abandono da paisaxe urbana ou rural.
- Recuperación do
patrimonio etnográfico e artístico do concello
e valoración do seu estado (restos arqueolóxicos ou ruínas de diferentes
construccións).
- Reflexión sobre
o impacto da industrialización e as vías de comunicación sobre a paisaxe.
- Sensibilización
pola perda de determinados fitos paisaxísticos emblemáticos do concello.
- Importancia da
toponimia en relación á paisaxe e como os nomes poden evocar realidades xa case
esquecidas debido ó descoido institucional.
- Emprego da
fotografía e da palabra para poetizar e expresar a propia reflexión ou emoción
derivadas da contemplación do espazo.
- Investigación
dos recursos lingüísticos e literarios que se empregan para transmitir
emocións, sentimentos, pensamentos propios.
- Toma de
conciencia da importancia do elemento paisaxístico como creador e recreador da
identidade humana.
Estrutura
1º. Elixir un
lugar (natural, urbano, exterior, interior) deteriorado polo uso ou o abandonoe
e fotografalo.
Segunda parte: Opcional.
1º. Aportar unha
segunda fotografía na que a luz ou a perspectiva poidan embelecer o espazo
retratado a primeira vez.
2º. Escribir un
segundo relato ou poema que complementen o significado da segunda fotografía.
Presentación
Ante un primeiro prazo de presentación
acordado, este decidiuse ampliar polos peches perimetrais derivados da
situación Covid e a existencia de alumnado con residencia fóra do concello de
Pontecesures.
O alumnado entregou unha copia impresa en
papel ou cartulina do traballo feito e envían ó profesor un arquivo de son,
xunto coas coordenadas do lugar retratado, no que recita un ou os dous textos
escritos por el.
Tívose en conta, en primeiro lugar, a orixinalidade, a creatividade, a corrección textual e a perspectiva artística das obras, e, en segundo lugar, o esforzo do alumnado nas progresivas fases de mellora das súas propias producións.
A continuación se expón unha escolma dalgúns dos videopoemas realizados polos alumnos.