Filmoteca histórica

Copia fallida do Nodo da 3 feira do automóbil de ocasion do ano 1950. A copia orixinal non ten son e está subexposta, polo que foi rexeitada na súa época. Os alumnos de 2º da ESO, recortamos e editamos o arquivo orixinal, dándolle un pouco de contraste e aportándolle o audio do nodo de 1954, que curiosamente, encaixa perfectamente na primeira parte do video. Para a segunda parte escollimos a banda sonora que Fernando Arquelladas, un compositor clásico dos nodos, fixo en 1944 para o Nodo "Un día en Santiago" .
Delicioso final, onde unha parella, vestida con traxes de época, circula pola Avenida Eugenio Escuredo coa "Xenoveva", un xigantesco triciclo.
Un viaje por Galicia (1953-58) 
O emigrado a Montevideo Manuel Arís filmou esta película entre 1953 e 1958 nas súas continuas viaxes a Galicia. Supón un percorrido polas catro provincias, de fondo valor patrimonial, moi apreciado polos emigrados de ultramar, que podían ver o que acontecía no seu fogar e como estaba a mudar grazas ás filmacións en 16 mm de Arís. Proba do seu éxito foi a explotación durante dezaoito semanas seguidas no Gran Cine Mitre de Bos Aires. No minuto 45, atopamos unha pequena referencia a Pontecesures con vistas da Ponte sobre o Ulla, o peirao cheo de castelos de madeira e un pequeno paseo pola rúa Víctor García. A copia íntegra orixinal de 73 minutos foi restaurada polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe)..
Nodo Nº 605 B. 4ª Feira do automóbil de ocasión 1954
A 4ª feira do automóbil de ocasión foi a derradeira feira que tivo repercusión a nivel nacional. Unha proba desto, é este nodo do ano 1954 que é o referente visual máis coñecido sobre o evento. Aínda que non tivo o seguimento da feira do ano anterior, puxo no mapa a Pontecesures gracias a que o NODO proxectábase nos cines de toda España en pases previos á proxección das películas. En aqueles tempos en que a prensa escrita tiña tiradas limitadas, o cine era o medio que tiña maior seguimento, polo que o réxime de Franco aproveitouno, tanto para insuflar consignas de ensalzamento do Caudillo, como para poñer ao día a poboación sobre a actualidade nacional e internacional.
Inundaciones en Galicia. NODO Nº 888 A, 1960
Recortado e editado polos alumnos de 2º da ESO do CPI Pontecesures para o Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade.