PODCASTS sobre SOSTIBILIDADE - 4º ESO
Os alumnos de 4º de E.S.O. na materia de Dixitalización elaboraron cadanseu podcast utilizando o equipamento concedido para a aula de polos creativos. Os alumnos que participaron, Anxo Gil Ferreiro, Lucas Lagares Castiñeiras, Bruno Mosquera González, Telmo Santiago Lorenzo e Roi Troáns Rodríguez, reflexionaron sobre contidos relacionados coa Sostibilidade, a Economía e a Dixitalización: É posible unha economía capitalista sostible?, Cales son os pros e os contras da Dixitalización en relación coa Sostibilidade?, Cales son os beneficios da Dixitalización en relación ao Desenvolvemento Sostible?, Que perigos para o Desenvolvemento Sostible suscita a Dixitalización?... O alumnado redactou o seu podcast, gravouno e editouno durante as horas da materia despois das explicacións e coa supervisión, en todas as fases, do profesor da materia, Enrique Villanueva López. Pódense escoitar na seguinte ligazón: PODCASTS