Visita ao BELÉN DE PORTO

O mércores 17 de decembro, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria visitamos o Belén de Porto. 

Todos os anos, dende 2017, as veciñas de Porto, fan un Belén Artesanal empregando material reciclado, fundamentalmente vimbio. A encargada de idear e supervisar as tarefas deste proxecto é Elena Vidal, avoa dun dos nosos nenos, polo que tivemos a sorte de que nos acompañara na visita.

A novidade deste ano foron algunhas ovellas e pastores, feitos con vimbio e lá auténtica. 

Ás nenas e nenos encantoulles o Belén e desfrutaron do paseo de ida e volta ata alí, que para algunhas era moito!! Iniciamos así o proxecto nestes niveis para este curso. 













!

Publicacións populares deste blog

Introdución