ENTROIDO
O venres 13 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Os disfraces das aulas correspondían a persoas, personaxes e colectivos emblemáticos da nosa vila: Pontecesures.
As tres aulas de Educación Infantil eran a os caramelos da nosa tenda de chuches favorita, as nenas e nenos de 1º e 2º convertíronse nos remeiros do Náutico Pontecesures, o alumnado de 3º e 4º vestíronse dos típicos peregríns que vemos pasar por diante da escola, polo Camiño de Santiago, mentres que 5º e 6º quixeron encarnar aos valeiros, preparados para comezar a tempada de pesca da lamprea.
O alumnado da ESO tamén participou: 1º ESO como comisión das Festas de Porto, 2º ESO como traballadoras/es da Praza de Abastos, 3º ESO como futbolistas do Ulla C.F. e 4º ESO representando a visita dos Reis a Casa Castaño para degustar a súa comida.
FOTOS
Nesta ligazón pódese ver o desfile, ver as actuacións do alumnado da ESO e tamén a tradicional actuación de todo o alumnado do centro (EI, EP e ESO), neste caso bailando e interpretando o clásico do entroido "Samba de Bahía" de Carlinhos Brow, cunha nova letra: "Samba de Cesures".
Ligazón YT