VISITA GUIADA E OBRADOIRO TÉXTIL
O 18 de novembro o alumnado de 5º, 6º, 1º ESO e 2º ESO participamos nunha visita guiada pola vila. Nela puidemos visitar e coñecer máis en profundidade cuestións relativas á nosa historia e aos elementos patrimoniais máis emblemáticos do noso concello.
Saímos do Mirador do Pino Manso, ao lado do colexio, para camiñar polas nosas rúas e irnos detendo no coche de Pedra, no Alfolí, na Praza de Abastos, na Plazuela, na Igrexa... Ademais, visitamos a Casa do Concello, onde nos recibiu a alcaldesa para comentarnos algunhas cuestións tamén importantes sobre a historia da nosa vila.
Trala visita, realizamos un Obradoiro de pintado de bolsas de tea con elementos característicos da nosa vila.
Esta proposta didáctica tivo lugar grazas á colaboración co Concello, no marco das actividades organizadas polo Centenario de Pontecesures.
Tanto a visita guiada como o obradoiro serán "revisitados" ao longo do curso para dar forma ao proxecto que nos traemos entre mans nas materias de Proxecto Competencial e Relixión.