VISITA AO CENTRO DE DÍA DE VALGA

O luns 15 e o martes 16 de decembro, o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria visitamos o Centro de Día de Valga. A razón é que é o lugar de referencia para moitos dos maiores do noso concello e, nestas datas de Nadal, quixemos compartir con eles e elas un pouquiño da nosa arte. 


Levámoslles postais de Nadal, cantamos e bailamos algunhas cancións e fixémoslles preguntas para coñecer un pouco máis da nosa historia: cantos anos foran á escola, como se chamaban as súas mestras, cantos eran na clase, como eran as súas casas, que querían ser de maiores, a que xogaban, a que lugares viaxaran na súa vida...

Foi unha xornada moi bonita para todas!

De volta na aula fixemos uns debuxos sobre o vivido. Quedaron xenial!

Publicacións populares deste blog

Introdución

Visita ao BELÉN DE PORTO

Arte Postal. Contralumes.