8M: Mulleres de Pontecesures

 Co gallo do 8M cada titoría investigou sobre unha muller de Pontecesures. Con fotos, debuxos e información sobre elas fixeron  unhas caixas preciosas para facer unha exposición na biblioteca do centro. 

As mulleres elixidas foron: 

- Educación Infantil: Dolores Silva, limpadora do noso centro e peixeira.

- 1º EP: Elena Vidal, artesá e impulsora do Belén de Valga. Avoa dun dos nenos da aula.

- 2º EP: Socorro Frois, pintora. Bisavoa dunha nena desta aula e doutra de 1º EP.

- 3º EP: Noa García, futbolista d'As Celtas. 

- 4º EP: Oria Moreno, pintora e ceramista. 

- 5º EP: Alba Buján, deportista de canicross. Veciña dunha das alumnas da aula.