Arte Postal. Contralumes.

O venres 27 de febreiro, o luns 2 e o martes 3 de marzo, o alumnado de Educación Primaria e 1º de ESO visitamos a exposición "Arte Postal" que estará no Concello de Pontecesures ata o día 13 de marzo.

Foi moi ilusionante ver os nosos traballos xunto aos doutros nenos, nenas e artistas doutros lugares do mundo.

Reflexionamos sobre o gran problema que supoñen os lumes para o noso territorio da man de Lois Gil Magariños, o responsable da exposición e deste proxecto tan chulo.

Tralas visitas tivemos a sorte de conversar cos axentes forestais do noso distrito e coñecer de primeira man como é o seu traballo no monte. 




Publicacións populares deste blog

Introdución

Visita ao BELÉN DE PORTO