Día da Árbore no Monte Galiñeiro

O xoves 26 de marzo o alumnado de 1º e 2º de Primaria foron ata o Monte Galiñeiro para plantar árbores e conmemorar así este 21 de marzo, Día da Árbore. 

Esta actividade, organizada en colaboración co Concello e os axentes forestais, permitiu aos nenos e nenas coñecer o monte próximo, familiarizarse con como é unha plantación e coñecer de primeira man as ferramentas e as motobombas que se empregan no coidado dos nosos montes. 

Foi unha xornada xenial!