PAISAXE SONORA e AUDIOCREACIÓN - 5º EP
O alumnado de 5º de EP realizou, ao longo do 2º e 3º trimestre, na materia de Música e Danza, unha serie de audiocreacións empregando sons recollidos na contorna.
O proxecto consta de dúas fases:
1. Recollida de sons en diferentes lugares do Concello. Cos audios enviados polo alumnado (por mail indicando a localización e a data de gravación) confeccionouse un BANCO DE SONS.
2. Audiocreación:
- Creación dun texto (indicando que sons de dito Banco de Sons se incluirían a posteriori.
- Gravación do mesmo na Radio Escolar.
- Edición de audio con Audacity para incluír os sons previamente indicados.
- Realización de fotos ou debuxos para acompañar o audio e poder subir dita creación a Youtube en formato vídeo.
Destaca neste curso, a variedade de propostas creativas: un rap sobre Pontecesures, un audiopoema titulado "Paxariños" e dous relatos teatralizados, un de ficción titulado "O ritual" e outro máis realista "Viaxe a Pontecesures".



