BIOLOXÍA - 1º ESO
En grupos de 5 ou 6, o alumnado de 1º E.S.O. elaborou unha exposición de fotografía mostrando a diversidade atopada no concello de Pontecesures dentro do marco da materia de Bioloxía e Xeoloxía.
Para crear a exposición podían fotografar lugares importantes para eles ou para a poboación xeral, amosando seres vivos dos distintos reinos traballados ao longo do curso así como minerais e rochas presentes na contorna.
O traballo combinou a observación científica, o coñecemento da contorna e a creatividade xa que tamén crearon os pés de fotos que identifican aos seres vivos e os marcos que adornan cada fotografía. Exemplo:

