ARTISTAS DE PONTECESURES - EP

 No 3º trimestre o alumnado de Primaria realizou recreacións dalgunhas das obras de arte máis características de 3 dos artistas máis recoñecidos da nosa vila. 

En 1º e 2º, reinventaron os cadros da pintora Socorro Frois:


En 3º e 4º, imaxinaron como sería a cerámica de Oria Moreno:



E en 6º, recrearon a obra de Carlos Maside:

O currículo de Ciencias Sociais, no bloque “Leccións do pasado”, recolle que en 6º de educación primaria se debe “Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade”; ademais, no curso actual, dende a biblioteca escolar propúxose como eixo central de aprendizaxe “Vemos Pontecesures con outra mirada”. Tendo isto en conta, o alumnado realizou unha investigación sobre Carlos Maside.

Carlos Maside García (1897-1958) foi un pintor galego do grupo dos renovadores, nacido en San Xulián (Pontecesures).

Os Renovadores, ou o Movemento Renovador, foi un grupo de artistas galegos que quixeron renovar as formas plásticas da arte galega na primeira parte do século XX, en especial a partir da década de 1920. Esa “renovación” caracterizouse pola integración progresiva de novas formas e técnicas pictóricas, escultóricas, escenográficas etc. derivadas das vangardas europeas, buscando modernizar a expresión artística sen romper radicalmente coa tradición e a identidade cultural galega.

Como produto final do proxecto, cada alumno/a tiña que realizar un traballo artístico no que reflectise algún lugar da localidade usando as técnicas do mencionado pintor. Cos traballos presentados realizouse unha exposición no corredor titulada: “Vemos Pontecesures coa Mirada de Carlos Maside”.



Pódense ver as obras dos nosos artistas máis en detalle no seguinte álbum.




Publicacións populares deste blog

Mi Locus Amoenus - 4º ESO

Visita ao BELÉN DE PORTO

Introdución