Paisaxe sonora



As voces, unha fonte ou unha fábrica son sons que forman parte da nosa vida cotiá.  Están ahí, omnipresentes día tras día conformando a nosa contorna, sen darnos conta da súa presencia. É algo semellante ao que pasa co olfacto, sólo somos conscientes da súa presenza cando  os estímulos rebasan certo umbral.

Cada lugar emite unha  sinfonía de sons variados que mudan ao longo do día e ao longo dos anos. O conxunto destas pegadas sonoras conforman a Paisaxe sonora.

Unha paisaxe sonora revela información de aspectos culturais únicos que dificilmente pode lerse ou verse nunha fotografía que está limitada a un determinado contexto espacial (frontal). Unha captura sonora amplía a perspectiva 360 º e proporciona unha maior información temporal .


Con todas estas ideas na cabeza os alumnos de 3º  da ESO, continuaron o camiño aberto o pasado ano polos alumnos de 4º, e  formaron o equipo " os sónicos", saíndo a buscar as pegadas sonoras  máis representativas  de Cesures cunha gravadora dixital Zoom H2N.
Unha vez realizadas as gravacións en formato WAV, gardábanse nunha base de sons, para  posteriormente ser editadas co software libre audacity e transformadas a mp3 para poder  subilos á paxina Audiomapa.org.; unha web colaborativa , que xeolocaliza nun mapa  os sons. A saída dos datos é moi visual e pódense visualizar os sons no lugar onde foron gravados, escoitalos e mesmo descargalos.


En total o ano pasado graváronse 13 ambientes sonoros que van desde os puramente escolares e cotiás para nós como a entrada no cole, ou o ruído do portalon do oeste, e outros tipicamente urbanos como o ruído da Finsa dende o muelle, a chegada do tren a estación ou a fonte da plazuela. Este ano seguimos coa iniciativa e incorporamos novas gravacións: A poxa de ramos de Carreiras, o comenzo da misa do párroco Arturo Lores na iglesia de San Xulián  ou o paso do camión do lixo polo centro da vila.
Ademáis inauguramos unha sección de alboradas:  gravacións sonoras máis longas  nas que os alumnos érguense moi cedo e rexistran os sons de fondo en distintos entornos rururbanos.

As alboradas, ou Dawn chorus, representan  para os ingleses o epítome do renacer anual da natureza. Centos de persoas en todo o país gravan as alboradas, sobre todo dende marzo a xullo, que é cando os paxaros despregan o seu repertorio de cantos, e comparten estas gravacións na rede. Nós queremos empezar un novo proxecto de paisaxe sonoro buscando as voces naturais dos paxaros e outros animais, tentando de utilizala  como ferramenta de aprendizaxe para fornecer a escoita atenta e a atención pausada. Este ano, os sónicos, fixeron algunhas gravacións nas que identificaron os paxaros polo seu canto. Como exemplo temos unha papuxa das amoras que tiña o seu territorio nun bieiteiro próximo á entrada do centro e que cantaba a todas horas, e durante todo o día, dende abril a xuño.

Audiomapa é un proxecto colaborativo que busca compartir as paisaxes sonoras iberoamericanas. O CPI Pontecesures é o único centro de Galicia implicado neste proxecto.


                                                      2020 -2021  


TRABALLANDO COS SONS DA NOSA CONTORNA

 5º- 6º PRIMARIA

Obxectivos e contidos:

O obxectivo principal destas actividades é dar continuidade ao traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de EP no marco deste proxecto cando cursaban 3º e 4º EP (investigación sobre fontes e lavadoiros), ao tempo que se abordan diferentes contidos relativos á materia de música dende unha perspectiva holística, funcional e creativa, tales como:

BLOQUE 1

-       Coñecemento do entorno sonoro e comprensión dos conceptos vinculados ao mesmo: paisaxe sonora, son, silencio, ruído.

-       Parámetros do son: intensidade, altura, duración e timbre.

-       Reflexión sobre a contaminación acústica.

BLOQUE 2

-       Sonorización de textos e imaxes empregando os medios tecnolóxicos dispoñibles.

-       Creación dun audiopoema e en base ao mesmo, un videopoema.

 As actividades realizadas poderiamos dividilas en tres apartados/fases:

1. Investigación sobre o entorno sonoro:

-       Gravación de diferentes sons do entorno do alumnado e creación dun BANCO DE SONS: 

-       Audición na aula dos sons recollidos e reflexión sobre os mesmos.

-       Audición e análise das gravacións realizadas nos cursos precedentes:

-       Fontes e lavadoiros (audiomapa)

-       Gravacións no entorno do centro (audiomapa)

 2. Iniciación ao AUDACITY: toma de contacto co software editando os sons gravados nos lavadoiros e fontes fai dous cursos (polo mesmo alumnado) e os aportados en cada clase durante este curso.

 3. Creación:

Tomando como referencia algúns dos sons gravados polo alumnado, escribíronse os poemas, a partir dos cales realizamos un audiopoema, gravando o recitado e editando o mesmo mesturándoo con algunhas das gravacións aportadas polo alumnado.

Finalmente elaborouse un videopoema, deseñando a secuencia de imaxes que podería ilustrar o audiopoema, ben con fotografías ou con debuxos.

4. Organización espacio temporal

A secuencia didáctica iniciouse antes das vacacións de Semana Santa, co obxectivo de que o alumnado puidese empregar os días de lecer para realizar as gravacións do seu entorno sonoro. Posteriormente, traballamos na aula coa edición de sons (audacity) e finalmente, realizamos a parte máis creativa. Na aula de 5º EP esta levouse a cabo por equipos e na aula de 6º EP realizouse de maneira colectiva co grupo-clase. 


 Produto final

MAPA COS VIDEOPOEMAS LOCALIZADOS:















VIDEOPOEMAS

5º EP:

Equipo 1:O GALO E OS PAXAROS

Gravacións empregadas: Paxaros (Teoña, Cuntis) e Fervenza e galiñeiro (Camiño da Toxa, Pontecesures)

Equipo 2: RAP


Gravacións empregadas: Avenida de Vigo (Pontecesures)

Equipo 3: NOITE



Gravacións de arquivo

 Equipo 4:  Vídeo PAPUXAS  https://www.youtube.com/watch?v=zMY45prxWM4

Gravación empregada: papuxa das amoras gravada no 2019 no entorno do colexio, no marco deste proxecto:  https://audiomapa.org/audios/ca026b61eb59fcbb6ed0732e9196334b.mp3

 

6º EP: O TREN https://youtu.be/a5C_gBmfaUY

Gravacións:

- Manuel: O TREN (na estación de tren de Pontecesures)

- Pedro: O TECLADO DO ORDENADOR (na súa casa en Pontecesures)

- Alberto: O SÚPER (Padrón) e O CAN (ao lado do auditorio en Valga)


Avaliación

O alumnado de 6º amosouse máis participativo á hora de aportar gravacións do entorno sonoro, en gran medida, porque xa teñen unha competencia dixital un pouco maior. De feito, empregamos a Aula Virtual como medio de intercambio de información.

O alumnado de 5º EP, se ben non ten aínda moita competencia dixital (para gravar, comezar a usar un software novo, empregar a Aula Virtual, enviar emails…) foi moito máis participativo na parte creativa do proxecto. En todos os equipos traballaron arreo para conseguir crear un poema, logo un audiopoema, e finalmente un videopoema seguindo os seus propios intereses e gustos estéticos.

Porén, na aula de 6º, o proceso creativo tivo que ser máis guiado e a motivación nesta parte máis artística foi menor.

Deste xeito, parece que o próximo curso poderemos dar continuidade a este proxecto co alumnado de 6º (este ano en 5º) xa que contaremos con esta experiencia previa e a motivación deste grupo de alumnos nas actividades creativas, sumada a unha maior madurez e competencia dixital, que agardamos vaian acadando. 

                                                      2021 -2022 


TRABALLANDO COS SONS DA NOSA CONTORNA

 5º- 6º PRIMARIA

 

Obxectivos e contidos:

O obxectivo principal destas actividades é dar continuidade ao traballo realizado polo alumnado de 6º de EP no curso anterior, ao tempo que abordamos contidos relativos á materia de música dende unha perspectiva holística, funcional e creativa, tales como:

BLOQUE 1

-       Coñecemento do entorno sonoro e comprensión dos conceptos vinculados ao mesmo: paisaxe sonora, son, silencio, ruído.

-       Parámetros do son: intensidade, altura, duración e timbre.

-       Reflexión sobre a contaminación acústica.

BLOQUE 2

-       Sonorización de textos e imaxes empregando os medios tecnolóxicos dispoñibles.

-       Creación dun produto artístico audiovisual (videocreación).

-       Iniciación á gravación en audio e vídeo, así como á edición de vídeo, con software libre.

 

Actividades realizadas poderiamos dividilas en tres apartados/fases:

1. Investigación sobre o entorno sonoro:

-       Gravación de diferentes sons do entorno do alumnado.

-       Audición na aula dos sons recollidos e reflexión sobre os mesmos.

-       Audición e análise das gravacións realizadas nos cursos precedentes:

-       Fontes e lavadoiros (audiomapa).

-       Gravacións no entorno do centro (audiomapa).

-       BANCO DE SONS realizado no curso anterior: https://drive.google.com/drive/folders/1JWJ_R-2h4x-65-4Vq6ieaDf5WirqwnTB?usp=sharing

 

2.  Creación:

Tomando como referencia algúns dos sons gravados polo alumnado e o traballo realizado no curso precedente, cada grupo decidiu que tipo de videocreación quería realizar e comezou a escribir o texto que vertebraría a mesma. Posteriormente, gravamos en audio e/ou vídeo o recitado ou a lectura do mesmo.

Paralelamente, algúns grupos decidiron compoñer unha música para o vídeo que se gravou en directo, cunha cámara de vídeo, na aula de música.

 

3. Iniciación ao OpenShot: toma de contacto co software de edición de vídeo, para montar os audios (do texto e do entorno sonoro), as imaxes (fotos ou debuxos) e as gravacións en vídeo realizadas tanto dentro como fóra da aula.

 

Organización espazo-temporal

A secuencia didáctica tivo lugar no 2º trimestre do presente curso ao longo de 5 sesións. Durante as primeiras o alumnado, dividido en 4 grupos colaborativos, realizou un guión da súa futura creación, así como de como repartirían o traballo entre os membros do equipo. Seguidamente comezaron a: escribir os textos, facer os debuxos e compoñer e practicar as interpretacións musicais que querían gravar. A medida que ían tendo resultados foron gravando (en audio ou vídeo), coa colaboración da mestra, para, cara as últimas sesións dispor de tempo para a edición dos vídeos.

 

Produto final:

As ligazóns das videocreacións, subidas a Youtube, son:

ALIENS DE VIAXE:

 



ANIMALIÑOS: 


 O NOSO CAMIÑO:



PASEO POR PONTECESURES:



 

 

Avaliación

O alumnado amosouse moi participativo e entusiasmado coa tarefa encomendada. En todos os equipos traballaron arreo para conseguir o que se propoñían, seguindo os seus propios intereses e gustos estéticos. Unha das cuestións que máis valoro é que, ao conferirlle máis liberdade creativa ao alumnado, e tomar como punto de partida as aprendizaxes e experiencias do curso anterior, os resultados foron máis diversos que no curso pasado.


                                                      2022 -2023 


  CANCIÓN DO  PATRIMONIO DE  PONTECESURES
 5 PRIMARIA

Obxectivos e contidos:

O obxectivo principal destas actividades é dar continuidade ao traballo realizado polo alumnado de 5º de EP na materia de PC (Proxecto Competencial) no que realizaron un proxecto sobre o patrimonio do Concello de Pontecesures. Levaron a cabo traballos de investigación individuais e en grupo  sobre os fitos máis senlleiros do noso patrimonio expoñéndollos aos compañeiros na aula .

 A partir de ditos coñecementos elaborouse unha composición musical (letra e música) falando dos elementos patrimoniais máis relevantes da súa contorna, ao tempo que se continuou abordando os contidos relativos á materia de música dende unha perspectiva holística, funcional e creativa.



As actividades realizadas poderiamos dividilas en tres apartados/fases:

1. Creación da letra

2. Práctica musical

3. Presentación do produto final no Concerto das Letras Galegas do centro.

 

Organización espazo-temporal

A secuencia didáctica tivo lugar no 3º trimestre do presente curso ao longo de 5 sesións. Durante a primeira, centrámonos en escribir a letra e nas seguintes na súa práctica vocal e instrumental para posterior representación ante o público. A instrumentación elixir foi: batería, baixo eléctrico, piano eléctrico, metalófonos e ukeleles, co apoio da mestra á guitarra. Tres alumnos foron os encargados da parte vocal cantada e dous da parte vocal rapeada. 


Vídeo para practica vocal e instrumental (karaoke): 



Produto final:



Avaliación

O alumnado amosouse moi participativo e entusiasmado coa tarefa encomendada. Traballaron arreo para conseguir o que se propoñían, seguindo os seus propios intereses e gustos estéticos. Unha das cuestións que máis valoro é que o alumnado tivo a ocasión de participar do proceso completo de composición, ensaio e presentación en público dunha composición propia, tomando parte activa en todas elas. 



Bibliografía:


Actividades pedagóxicas para traballor encol do son
http://europeanacousticheritage.eu/wp-content/uploads/2013/04/EAH-Pedagogy-galego2.pdf

European Acoustic Heritage. Proxecto europeo que ten coma fin o descubrimento e valoracion das paisaxes sonoras (soundscape) de Europa.
http://europeanacousticheritage.eu/

Paisaxe sonora. en repositorios de Abalar
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1513171743/contido/1_A_PAISAXE_SONORA/index.html

 Bernie Krause. La voz del mundo natural. Ted Global 2013.
https://www.ted.com/talks/bernie_krause_the_voice_of_the_natural_world?language=es#t-847987

The sound of Life: What is a Soundscape?
https://folklife.si.edu/talkstory/the-sound-of-life-what-is-a-soundscape

Sobre alboradas:
https://www.bbc.co.uk/programmes/articles/55JbpC7gKzMR623TF1bkj2j/brett-westwoods-guide-to-international-dawn-chorus-day




Publicacións populares deste blog

Introdución