OBRADOIRO DA PAISAXE
Imprimindo mapas 3d do relevo
Neste curso abrimos unha nova sección que chamamos obradoiro da paisaxe onde terán cabida todos aqueles traballos que supoñan a utilización ou fabricación de materiais que nos axuden a entender mellor a paisaxe. Imos incluír aquí tanto traballos que expliquen cómo descargar datos, ou facer follas de cálculo como traballos máis manuais que impliquen o uso de ferramentas manipulativas, ou que teñan unha saída máis física.
Iniciamos a sección cun vídeo realizado polos alumnos de TICs de 4º da ESO onde se nos explica pormenorizadamente cómo construir unha maqueta 3D cunha impresora 3D (Leon 3D Legio v05) das que temos no centro.
Paso a paso nos introducen no manexo de software específico , imprescindible para realizar a maqueta e descargable de balde da rede. En concreto se describe o uso do Touchterrain. Un software que nos permite descargar os arquivos do relevo que nos queiramos en formato stl.
As impresoras 3D que temos nos centros non len arquivos stl polo que hai que convertilos a gcode. Para iso debemos descargar outro programa ,o Ultimaker Cura que nos vai permitir laminar o arquivo stl e convertilo nun gcode que xa pode ser lido pola impresora 3D.
2022-2023
Reducir a pegada. Unha auditoría de sustentabilidade ao CPI Pontecesures
Os dez alumnos e tres
alumnas de 3º de Educación Dixital, en colaboración cos cinco alumnos e unha
alumna de 3º de Educación Plástica, Visual e Audiovisual en Galego elaboraron
unha peza audiovisual na que realizaron unha auditoría de sustentabilidade
informal do noso centro (C.P.I. Pontecesures), destacando os puntos fortes e
fracos desde o punto de vista da sustentabilidade medioambiental e engadindo
propostas de mellora para reducir nosa pegada de carbono.
Montaxe e posta a punto dunha estación meteorolóxica automática Davies Vantage Vue.
Os 6 alumnos de Cultura Científica participamos este ano no Proxecta instalando unha estación meteorolóxica automática Davies Vantage Vue. Durante o segundo e terceiro trimestre nos fumos empapando en todo o necesario para a súa correcta situación e posta a punto. Contamos coa colaboración do personal de obras do Concello, e en concreto de Manel , que nos deseñou un sistema para poder subir e baixar a estación de forma cómoda, e instalou o tubo coas ancoraxes na parede do edificio de administración.
Despois de barallar distintas localizacións en función de factores como: precisión á hora de recoller os datos sen interferencias, comodidade por se hai que baixar a estación para limpala ou cambiar a pila, proximidade ao receptor de radio do sinal, limitar a susceptibilidade a accións vandálicas etc, decidimos instalala nun lateral próximo ao vértice surleste do edificio de Administración, xusto enriba de Dirección.
A estación montada e xa en funcionamento foi izada a unha altura de 4,5 metros do solo, uns dous metros por enriba do tellado, para evitar os posibles efectos de apantallamento tanto do vento como do sobrequecemento do aire, que poderían dar erros de medición.Previamente a súa
colocación tivemos que montar todos os seus compoñentes: Anemómetro, veleta,
cazoletas do pluviómetro, etc, e revisar que funcionaran correctamente enviando
a sinal de radio axeitado á consola Vantage vue.
A consola tivo que ser
programada co perfil de datos da nosa localización, a saber: coordenadas,
altura, precisión e unidades de medida de todos as variables, hora, etc.
A estación permite
medir:
- Temperatura interior e exteriór cunha resolución de 0,1°C.
- Humidade exterior e interior cunha
resolución do 1%
- Presión atmosférica cunha resolución
de 0,1 hPa.
- Índice de calor cunha resolución de
1°C. Punto de Rocío cunha resolución de 1°C , Sensación de temperatura cunha resolución
1°C.
- Precipitación cunha resolución de 0,25 mm.
- Velocidade do vento de 3 a 241
Km/h - Resolución 1 Km/h.
- Dirección do vento - Resolución
1°.
Tamen dispoñemos e instalamos o módulo Weather link IP que permite conectarse a internet vía wifi e difundir os datos na nube “weatherlink.com”. Deste xeito os datos poden consultarse en tempo real en smartphones, tabletas ou ordenadores gracias a web weatherlink.com
Para almacenar os
datos puxemos na entrada de administración un Pc 24/7 co software WL605 full
que permite coller os datos do link e almacenalos para despois ser traballados
en formato txt en follas de cálculo tipo EXCEL. Esta ano aínda non nos puxemos
con esto pero o obxectivo para cursos sucesivos e traballar os datos para poder
tipificar o clima de Pontecesures e comparalo coas estacións veciñas de
Meteogalicia das cales tamén podemos volcar datos.
Fontes
- Manual de usuario weatherlink https://www.kosmos.com.mx/wp-content/uploads/2018/01/Manual_Weather_Link_2011_Esp_borrador.pdf
- Consejos y recomendaciones en la instalación de estaciones meteorológicas para lograr datos de calidad https://estaciondemeteorologia.com/recomendaciones-instalacion-estaciones-meteorologicas-datos-calidad/
- How to Set Up the Davis Vantage Vue Indoor Console and Outdoor Sensor Suite https://www.youtube.com/watch?v=70C35ivPSDM