Traballos Primaria


2016 / 17 Onde estamos. A nosa vila 

2017 /18  O camiño de Santiago no Concello de Pontecesures
2017/ 18  Parques infantís de Pontecesures.

2018/19 Reciclar é de sabios
2018/19 Cross de orientación
2018/ 19  Fontes e lavadoiros no Concello de Pontecesures.


2020/ 21 As 3 Rs
2020/ 21 As Hortas do Noso Concello
2020/ 21  Agricultura tradicional e sostible: produtos agrícolas “km 0 “  para o consumo familiar.
2020/ 21  A arquitectura tradicional no barrio de San Xulián
 
2021/22
 2021/22  Historias do camiño de Santiago. Aventuras do alumnado de primeiro de Primaria no Camiño Portugués
2021/22  A paisaxe e os seus compoñentes na nosa localidade
2021/22  O cruceiro de Carreiras.


2016/2017


Onde estamos. A nosa vila 2016-17

 2º A e B Primaria 2016/17
 Comezamos facendo un percorrido desde a escola ata correos (íamos botar cartas para os amigos de USA e o Apalpador).

Polo camiño íamos vendo e anotando os nomes das rúas nunha ficha, asi coma, os edificios ou monumentos que alí podíamos atopar.
Xa de volta na escola realizamos en plastilina o percorrido. Por equipos, cada equipo ten o nome dunha rúa da vila.




Tamén fixemos, con pezas de contrución que tiñamos na aula, unha maqueta de Pontecesures e fumos poñendo os nomes ás rúas, ás sinais de tráfico e aos edificios máis importantes.
 Coas imaxes do percorrido ata correos fixemos unha pequena montaxe de fotos para facer un resumo do que aprendimos.

 Aprendendo a localizar a casa de cada un na ortofoto e no mapa.

Cada alumno/a localiza no mapa de Pontecesures a súa casa e outros lugares de interese( colexio, concello ,biblioteca,…)
















Traballando o rueiro sobre a maqueta


Neste video Anxo de 2º B  explica pormenorizadamente todo o percorrido que fai desde o Colexio ata súa casa


 

Aprendendo a interpretar e facer un plano.

A partires da ortofoto do PNOA 2014, localizamos a nosa casa e fixemos un pequeno plano do camiño que percorremos ata a escola en función do rueiro de Google maps.




 Describindo sensacións

 Cada alumno/a pensará, escribirá e debuxará o lugar que máis lle gusta da vila xustificando a súa resposta con aclaracións tipo: polo seu olor, polos sons que podo oír alí,… Despois compartirá cos compañeiros a súa elección.



 Aproveitamos a maqueta que fixemos de Pontecesures e os videos dos recorridos que practicamos: da casa a escola, a igrexa ao mercado…para facer unha montaxe que presentamos ao concurso do Correlingua2017 e que titulamos: En construción.” Remexendo na fala”. Nel amosamos as “cancelas que se lle poñen ao galego” nos percorridos que fixemos pola nosa vila.

Falando co Sr. Alcalde

 Finalmente, pedímoslle cita ao Sr. Alcalde de Pontecesures para que nos ensinara e explicara en que consiste o seu traballo.
Vainos recibir o xoves 22 de xuño. Levamos moitas preguntas para facerlle e así completar o noso traballo e coñecer ben a nosa vila.
O traballo foi desenvolvido durante dous trimestres como contido transversal das asignaturas de Ciencias Sociais e de Plástica, e foi dirixido por Rosa Nodar, Isaura Abril e Silvia Mosquera, titoras e profesora do Segundo curso de Primaria do CPI Pontecesures.












 2017/ 18                                                                  


O Camiño de Santiago no Concello de Pontecesures 2017-18


Neste curso 2017/18, o alumnado do 3º curso de educación primaria coñecemos os tramos dos Camiños de Santiago que pasan polo noso concello. Para coñecelos mellor fixemos dúas andainas que nos permitiron estudar o tipo de vexetación predominante así como parte do patrimonio cultural do concello.

1º Día

No primeiro día de andaina recorremos o tramo do Camiño Portugués dende o límite do concello de Valga ata onde se atopa o noso colexio.



O primeiro tramo o camiño está empedrado e atravesa unha pequena zona de terreos forestais nos que predominan as plantacións de piñeiros. Tamén se poden ver eucaliptos e consérvanse algúns carballos. Nesta zona ademais das árbores mencionadas podemos ver zonas de matogueira nas que sobre todo hai toxos, codesos e xestas.





A partir de aí o camiño atravesa unha zona urbanizada na que predominan os terreos de labradío. Neste tramo puidemos ver de preto os salgueiros ( Salix atrocinerea), que nese momento estaban en época de floración, algunhas mimosas (Acacia dealbata) e abeleiras ( Corylus avellana). 






Tamén nos fixamos nas plantas herbáceas, malas herbas e invasoras: calas, pampillos, dente de león, brinzos, trevo, soaxe (Echium sp.), fiuncho, muruxa ( Stellaria holosthea), fentos, ...









Muruxa. Stellaria holosthea

Todas estas observacións fómolas anotando nos nosos  cadernos de campo.








Segundo día

O segundo día de andaina o percorrido comezou no colexio e seguimos o camiño en dirección Santiago de Compostela ata chegar ao río Ulla que marca o límite co concello de Padrón. Dende ese punto percorremos por terra un pequeno tramo da Ruta Traslatio (Ruta do Ulla), e volvemos á escola atravesando a zona céntrica da localidade. 



No primeiro parte do recorrido fixámonos nos distintos tipos de sinais que aparecen no camiño e tamén observamos cómo os símbolos do camiño inflúen na arquitectura (cuncha e cruz de Santiago  forman parte da decoración do enreixado).



Moi preto do colexio o camiño pasa ao lado do cruceiro e da capela de San Xulián (patrón de Pontecesures) e continúa, cruzando a vía do ferrocarril e a estrada N-550, ata chegar ao río Ulla. Neste punto remata o tramo do Camiño Portugués neste concello pois a partir de aquí comeza o concello de Padrón.






Precisamente neste punto atópase un dos principais monumentos do patrimonio cultural de Pontecesures: O fito da ruta Traslatio.

A ruta Traslatio ou “Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla” é o único viacrucis marítimo fluvial do mundo. Un recorrido con 17 cruceiros tradicionais que remonta a Ría de Arousa e a desembocadura do río Ulla dende Ribeira ata Pontecesures. No concello de Pontecesures atópanse precisamente dous deses monumentos: O fito e un cruceiro.

O fito é  o último dos monumentos e polo tanto sinala o final da Ruta. En realidade non se trata dun cruceiro propiamente dito senón un monumento xacobeo coa imaxe do Apóstolo Santiago peregrino.








Dende aquí a nosa andaina continúa á beira do río para dirixirnos ao lugar onde se atopa o cruceiro: A Praza dos Valeiros no barrio de Porto.
Orixinalmente o cruceiro non foi colocado aí senón na ribeira da parte de Padrón, pero debido á drenaxe do río, o lugar non aguantou o peso do monumento e o cruceiro acabou afundido nun lugar chamado Pozo da Cova.

Hai xa máis de tres décadas, os pescadores do Barrio de Porto atopárono, izárono ás súas embarcacións e colocárono na praza onde hoxe se atopa.





Dende a Praza dos Valeiros dirixímonos á “Plazuela”, outro dos lugares significativos da nosa localidade. Aquí atópase a igrexa e tamén puidemos fixarnos na decoración en forma de cuncha de vieira que ten a fonte.






Xa de volta na escola, foi o momento de poñer sobre papel todas as nosas observacións. Respecto ás observacións do primeiro día, completamos a información dos nosos cadernos de campo e melloramos os nosos debuxos das plantas. Respecto ao observado o segundo día, na clase de plástica fixemos unha reprodución dos principais monumentos observados no Camiño (fito, cruceiro e capela de San Xulián.

A continuación podedes ver neste video  unha mostra dos nosos traballos. 






2017 /2018

Infantil 3 anos

PARQUES INFANTÍS DE PONTECESURES

Comenzamos o traballo pola propia experiencia, polos coñecementos previos dos nenos, preguntando aos alumnos de infantil que era o que mais lle gustaba de Pontecesures. Como imaxinábamos comentaron que era os parques.
Fixemos una posta en común de cales eran os parques que había, aos que soían ir a xogar e cales eran os que mais lle gustaban, logo buscámolos no mapa, e una vez recollida toda a información foi cando fixemos o  seguinte video.






  2018-19                                                                  

5º Educación Infantil

Reciclar é de sabios

 Os galegos producimos unha media de 409,3  kilos por habitante e ano de residuos urbanos, algo menos que a media estatal que rolda os 470. Destes 409,3 kilos sólo separamos  en contedores  específicos o 15 %.  O resto , un 85%, vai todo mezclado. Aínda que existan contedores para cada tipo de residuo, existe unha porcentaxe altísima de bolsas con lixo mezclado, e bolsas ben separadas que se depositan no contedor equivocado.

Con estes datos en mente, dende educación infantil, cremos que unha forma de atallar este problema é procurar xa  na infancia, a asimilación de pequenas rutinas  diarias  que sexan respetuosas coa nosa contorna. Unha destas rutinas é a separación correcta do lixo para favorecer a súa reciclaxe.
Comezamos o noso traballo por buscar un lema, e gustounos “RECICLAR É DE SABIOS”.  Dun xeito divertido e baseándonos no código de cores dos contedores, fixemos un video no que instamos aos máis pequenos a participar na conservación e limpeza da sua contorna, recordándolles que temos que clasificar  o lixo segundo a súa orixe e despois depositalo no contedor axeitado.




Fontes:








4º,5º e 6º de Primaria

Cross de orientación 4º,5º e 6º de Primaria


Os mestres de educación física do CPI de Pontecesures, traballamos conxuntamente para levar a cabo unha actividade enmarcada dentro do PLAN PROXECTA, no apartado de “Paisaxe e sustentabilidade”.

A actividade que deseñamos e levamos a cabo co alumnado estaba relacionada coa ORIENTACIÓN.
 Seleccionamos unha zona próxima ao entorno do centro, nun marco natural particular que se axustaba aos obxectivos que pretendíamos acadar na actividade. Unha paisaxe única e fermosa na que conflúen os ríos Ulla e Sar.
 A actividade, pretendía que os alumnos se orientasen seguindo unha ruta establecida no mapa da zona, seguindo o percorrido marcado e parando nos puntos indicados. Na zona colocamos conos chinos con números, que debían anotar nunha táboa-rexistro. 

 Esta actividade realizárona por equipos. Cada equipo debía intentar completar o percorrido en menos de 5 minutos, e ir tomando rexistro dos números que había nos conos polos que tiñan que ir pasando.

  Había 8 paradas en todo o percorrido. Cada acerto na táboa de rexistro puntuábase cun punto (cun máximo de 8). Se facían o percorrido en 5 minutos ou menos, obtiñan 2 puntos máis (para completar a puntuación máxima da actividade que era de 10 puntos).

Nas seguintes imaxes vemos ao alumnado realizando a actividade de orientación, os mapas dos 3 percorridos deseñados para esta actividade, e as táboas de rexistro dos mesmos.








3º e 4º de Educación Primaria

Fontes e Lavadoiros no Concello de Pontecesures 


No curso 2018/19 os escolares de 3º e 4º de Educación Primaria participaron, coa axuda das familias e titoras, nun proxecto de recollida  de información sobre algunhas das Fontes e  Lavadoiros do Concello de Pontecesures co fin de elaborar un mapa interactivo onde se recolla a súa localización e unha descripción das súas características. Todo esto acompañado por fotos e gravacións do  seu ambiente sonoro.

O traballo extructurouse en 3 partes:

1º  Redacción dunha pequena enquisa para pasarlle ás familias coa finalidade de coñecer a situación das fontes e os lavadoiros máis relevantes,  o uso que se lles daba, as relacións que se establecían ao redor deles e pequenas anécdotas que recordaran. Algunhas avoas aportaron fotos antigas que incorporamos ao noso traballo.




2º Participamos nunha pequena andaina  para visitar os lavadoiros e fontes nos que, segundo a enquisa pasada ás familias, avoas principalmente, eran máis frecuentados.
Deixaron de lavar no río ao construíronse os lavadoiros ao redor dos anos 50, e utilizáronse moito  ata os oitenta en que comezaron a instalar as lavadoras na casa. Coa canalización de auga potable nas vivendas tamén se deixaron de utilizar as fontes. Na actualidade, aínda que algunha das fontes é de auga potable e útil para o consumo, non teñen garantía sanitaria.






3º A volta da andaina, xa na aula, coa información que xa tiñamos e as anotacións que recollemos durante a visita, fixemos un caderno de campo para  amosarllo ás  avoas e ao resto da familia.




Como resumo de todo o traballo desenvolvido fixemos a seguinte presentación:







2020-2021                                                                                                                                                               

 INFANTIL

AS 3 R

Enseñar a reciclar a idades temperás é fundamental para que os mais pequenos adquiran este hábito e o practiquen ao longo da súa vida. Tanto en casa como na escola pódense desenvolver actividades de reciclaxe para nenos a través de xogos, cancions ou manualidades que lles facilitan e lles fan mais divertido o aprendizaxe da regra das 3R. 

O noso obxetivo xeral é: fomentar a práctica de hábitos diarios na xestión do lixo , como ferramenta indispensable para o coidado e a protección do medio.

Os obxetivos específicos son:

Difundir a importancia do reciclado.

Participar na limpeza e separación de refugallos así como na sua revalorización.

Promover no alumnado un cambio de actitudes a través das actividades.

Este traballo fíxose con alumnos de 6  anos de educación infantil.

Comenzamos o noso traballo coas preguntas; que sabemos? que contedores hai? que se pon en cada un?

Decatámonos de que a maioria dos alumnos coñecen os tres contedores.

Para introducirnos no tema vimos en youtube uns debuxos animados  que promoven a reciclaxe : “Pispas” , “everything¨s rosie“

Tamén limos contos sobre a reciclaxe como “ cuida tu planeta” de Lauren Child  ou ¿porqué debo reciclar?  de Jen Green  que, ademáis de entreter e incentivar a lectura, fomenta a reciclaxe entre os mais pequenos.

Puxemos en común o que trouxeron da casa. As actividades que realizamos foron as seguintes: 

Fixemos un mural

Coloreamos os distintos contedores e buscamos e recortamos as cousas que se tiran en cada un deles.

 Elaboramos xoguetes con residuosCon rollos de papel hixiénico e tapóns fixemos uns coches.


 

Con trozos de cartulina, paos de xeado e tapóns de botella fixemos un tres en raia 

Coloreamos oveiras para facer xogos matemáticos:

 


   Sendo a época de nadal fixemos unas estrelas con corchos e logo decorámolas con purpurina.

 



Colaboramos na creación dunha árbore de nadal con envases de leite e zumes na entrada da escola.

 



Cos recortes e trozos de papel que nos sobraron de distintas actividades quixemos empléalos para facer distintos cadros

 


Para recordar o que se introduce nos contenedores pintamos unas caixas e metimos dentro o que se pon en cada contedor.

 


 Seguimos investigando e atopámonos con algunhas dúbidas de que se facia cando os contedores estaban cheos. Entón decidimos invitar ao alcalde a que nos explicara as dúbidas que tiñamos.

Para eso fixemos con caixas de cartón unha cámara un micro é uns cascos para semellar que somos reporteiros.

 


Unha vez que rematamos todo o traballo pareceunos interesante facer unha exposición de todo o que aprendimos e ensinarlla a toda a comunidade educativa. Por eso fixemos unas invitacións e levamolas as aulas de primaria e tamén invitamos aos nosos país.

 



Conclusións:

Creo que coas actividades que fixemos puidemos ensinar ao alumnado a reutilizar materiais que parecen inservibles e que lles poden dar outra vida.

Como eles son os elaboradores danlle mais importancia ao reciclado.

Penso que a actividade que mais lles gustou foi a da exposición. Gustoulles moito ser os protagonistas, levar as invitacións e que os maiores viñeran a ver todos os traballos que eles realizaran.





PRIMARIA

1º- 2º

AS HORTAS DO NOSO CONCELLO

 

Descrición da actividade

Ao longo destes meses, as nenas e nenos de 1º e 2º de EP, desenvolveron un proxecto de investigación centrado nas hortas da súa contorna, tanto as das súas familias coma do vecindario.

Por tratarse, na actualidade, dunha actividade bastante afastada do día a día dos rapaces, foi preciso botar man do coñecemento dos maiores da casa, principalmente de avós e bisavós.

Cada un deles, tivo que averiguar diversos datos: épocas de semente e recollida, persoas que participan nos labores agrícolas, tipos de abonos empregados, toponimias,… 

Tamén facer fotografías e debuxos das diferentes etapas do proceso.

Ca información recollida nos fogares, e plasmada nas táboas que aquí mostramos, elaboramos entre todos unhas gráficas onde se mostran con claridade os resultados.

Tamén nos pareceu interesante e oportuno localizar alguha das zonas de cultivo no plano do noso concello. Isto levóunos a descubrir topónimos descoñecidos para o alumnado (Caldeirón, Cornedo, As Viñas,..).

Concluiremos dicindo que, na realización desta actividade, as nenas e os nenos disfrutaron ao mesmo tempo que afondaron nos costumes e tradicións dos maiores. 





 


4º de E. Primaria


Agricultura tradicional e sostible: produtos agrícolas “km 0 “  para o consumo familiar.


A maioría de nos temos un horto familiar situado ao redor ou preto da casa que coidan principalmente os nosos avós e avoas. Neles cultívanse de xeito tradicional leitugas, cebolas, pementos, tomates, amorodos, cenorias, framboesas... e plantas aromáticas como a albahaca, romeu ou perexil.                                  

1. “Visita a tres hortos para coñecer os labores agrícolas”. 



2.  “Cadernos de Campo”: Na visita aos hortos levamos un caderno para ir anotando a información que nos ían dando. Xa na aula repasamos a información e  redactamos os nosos cadernos.  Moito aprendemos!




















3. Dos nosos hortos, que comeremos? 







5º de E. Primaria


A  ARQUITECTURA TRADICIONAL DO BARRIO DE SAN XULIÁN.

Durante o curso 2020/21 o alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5º de Educación Primaria participamos no Plan Proxecta dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade.

Concretamente investigamos sobre a arquitectura tradicional e popular de San Xulián, zona próxima ao noso colexio.

Para realizar a nosa investigación realizamos diferentes accións.

 O primeiro foi indagar que é a arquitectura popular e cal é a máis representativa de Galicia.

 


Despois de coñecer os distintos tipos de edificacións segundo o seu uso, investigamos máis polo miúdo datos sobre os hórreos, xa que é unha das construcións que máis se poden ver nas zonas rurais de toda Galicia.

Coa información fundamental fixemos tres murais:

            Características dos hórreos galegos.

            Partes dos hórreos

            Hórreos máis famosos.

Por suposto a información que aprendemos expuxémoslla ao resto de compañeiros.


Por fin, despois do traballo dentro a aula, chegou a parte que máis ganas tiñamos de facer: visitar a zona de San Xulián para ver que elementos de arquitectura tradicional podiamos atopar.


Durante o paseo puidemos ver un pombal, varios hórreos, un lavadoiro, unha fonte, dous cruceiros,  unha capela  e ao seu carón un cemiterio. Ademais, nesta zona de Pontecesures hai bastante desnivel polo que se conservan bastantes valos de pedra para facer de muros de contención e outros que servían de cerramento das propiedades. Probablemente inicialmente eran de mampostería de pedra seca pero na actualidade xa están restaurados coa pedra tomada con cemento





Despois do recorrido pola zona decidimos facer un mapa onde situamos os distintos elementos que puidemos ver con unha breve descrición.





Se queredes ver o final do noso traballo pinchade aquí:

















2021/2022

Primeiro de primaria

HISTORIAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Aplicando o lema deste proxecto, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, adicouse a percorrer, observar, escribir e debuxar, lugares do noso Concello. Concretamente, lugares que se atopan ao longo do Camiño Portugués a Santiago, que pasa polo noso Concello e por diante do noso centro.

Cada grupo fixo unha parte do Camiño.

O grupo de 2º comezou no Cruceiro de Carreiras e rematou no Pino Manso.

O grupo de 1º comezou no Pino Manso e foi ata o fito Xacobeo, a carón da ponte de Pontecesures.

Podemos dicir, que leron cós pés no Camiño, e coñeceron parte da historia do Camiño Portugués e de Pontecesures.

Imos facer o percorrido con eles e cos seus debuxos e imaxes que reunimos en dous fantásticos vídeos que vos amosamos a continuación. 


 

 


Segundo de primaria

O CRUCEIRO DE CARREIRAS

As nenas e nenos de 2º de EP do CPI de Pontecesures, percorreron un tramo do Camiño de Santiago  para visitar e debuxar o cruceiro de Carreiras.

Froito da investigación, chegamos a descubrir que Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días.

A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50 metros. Até os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de leste a oeste, das que soamente queda a principal. O retablo propiamente dito ten ao poñente a imaxe do Redentor, coa representación da Paixón e a figura de San Antón á súa esquerda. Polo nacente atópase a Raíña dos Anxos, que é a patroa do lugar. A festa na súa honra celébrase o 9 de xaneiro. Nunha das catro escalinatas de estilóbata figura un nome, posiblemente do patrocinador ou construtor do cruceiro. A columna está chea de sinais e frases máis ou menos lexibles, como “S conced 80 días de yn”, para cantos rezasen unha Salva ante o cruceiro. Do capitel, curiosamente traballado con figuras, anxos e símbolos, colgaba antigamente un farol que atendía á veciñanza.

A pesar de que o noso alumnado reside na contorna deste monumento, moitos deles descoñecían a súa existencia. Polo que podemos dicir que foi unha actividade interesante para poñer en valor o patrimonio do lugar e tamén para difundilo.

 


Terceiro e cuarto de primaria

A PAISAXE E OS SEUS COMPOÑENTES


Neste curso tratamos de comprender como é a paisaxe da nosa localidade, observando os compoñentes que a configuran, como son,   o relevo, as augas, a vexetación a fauna e as construcións feitas polo home a través do tempo.

 

1.     O relevo

Utilizamos un mapa de relevo de Galicia onde observamos que Pontecesures é unha depresión xeográfica. Pasando o dedo apreciamos como está afundida é rodeada de terreos máis elevados. 

 

 

2.     As augas

O río Ulla nace en Olveda, Antas de Ulla, na provincia de Lugo. A unión de tres pequenas fontes, moi próximas, orixina un regato que no seu descenso cara  Monterroso vai incorporando auga e collendo alí xa o aspecto dun río. Estas son as 3 primeiras fontes.

 

 Traballando co río”: Non foi fácil!

 

3.     A vexetación

Na nosa localidade hai abundante vexetación herbácea, arbustiva e arbórea. Nós, ao longo do curso, fixemos saídas pola contorna do colexio para observala, tomar notas e facer os nosos cadernos sobre a paisaxe.   

 

 

4. Os Fungos

Este ano fixo un mal outono para a observación dos fungos no campo, moita calor e case non choveu. Manuel trouxo unhas macrolepiotas  que recolleu o seu avó para que as puideramos ver. Moitas gracias a o avó de Manuel.

Como non puidemos saír  a recollelas ensinámosvos a información e os debuxos que fixemos.

 

5.     Os  Animais

Como animal máis representativos da nosa localidade traballamos sobre a lamprea (animal vertebrado) e do noso patio de recreo a miñoca (animal invertebrado).

 

 

6.     As contrucións

As persoas imos modificando e construindo a paisaxe segundo as nosas necesidades, facendo  pontes sobre os ríos, vivendas, fábricas……..Nós dibuxamos algunhas intervencións feitas  polo home ao longo da historia da nosa localidade.

 

 

7.     Cadernos de campo dos alumnos e alumnas de 4º

 

 

Como resumo do noso traballo vos presentamos este fantástico vídeo


 

 


Publicacións populares deste blog

Introdución